estradas

A Esgueva terá una nova pista de acceso asfaltada

gfgf
photo_camera A pista está sendo acondicionada por Medio Ambiente.

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructura procede a acondicionar unha pista de acceso desde a localidade da Esgueva (parroquia de Madarnás) á estrada O Carballiño-Lalín

 Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructura procede a acondicionar unha pista de acceso desde a localidade da Esgueva (parroquia de Madarnás) á estrada O Carballiño-Lalín, tras solicitalo o Concello do Carballiño o pasado mes de marzo por iniciativa da Concellería de Medio Rural. 

Cando a Xunta realizou un novo pintado na estrada OU-902 (Lalín-(N-525)–O Carballiño (N-541), á altura da Esgueva, empeoraron en gran medida as condicións de acceso a este pobo coa sinalización dunha línea continúa ao longo de todo o seu trazado. Por ese motivo, os condutores vense obrigados a utilizar unha pista de terra que no inverno dificulta o tránsito debido ao barro que se acumula e ás numerosas fochas que se forman.

A situación tamén xera inseguridade vial e danos nos vehículos ao tomaren a subida para incorporarse á estrada. 
Por ese motivo, desde o Concello solicitouse o acondionamento da pista, cuxas obras estanse executando neste momento, segundo confirmou a concelleira de Medio Rural, Charo González.

Te puede interesar