política

Espazo Común critica o cobro das taxas do lixo de anos pasados

Según este grupo político "foron beneficiados negocios e persoas moi coñecidas do Carballiño incluíndo, por exemplo, a exconcelleiros", xa que a empresa de recadación "non foi quen de localizalos durante cinco anos".

O grupo municipal de Espazo Común do Carballiño denuncia "o afán recadador do Concello", xa que "tras perdoar débedas antes das eleccións municipais, reclama agora ós veciños o pago de taxas pola recollida do lixo nos anos 2016, 2017, 2018 e 2019, e que nunca antes foran remitidos aos interesados". Ó respecto, os concelleiros de Espazo Común lembran que "antes das eleccións municipais, tramitáronse unha morea de expedientes de cancelación de débedas para moitos particulares e empresas por non ter sido notificados en tempo e forma". Según este grupo político "foron beneficiados negocios e persoas moi coñecidas do Carballiño incluíndo, por exemplo, a exconcelleiros", xa que a empresa de recadación "non foi quen de localizalos durante cinco anos".

Tamén suliñan que, tras as eleccións de maio, "cambia radicalmente a actitude e comezan a chegarlle a veciños de Arcos, Veiga, rúas do Carballiño e algunhas outras parroquias, cartas nas que se lles esixe o pago con carácter retroactivo da taxa da lixo da que ata hai pouco estaban exentos". Espazo Común considera "unha tomadura de pelo que algo así se ocultara ata pasado o proceso electoral ", e, en consecuencia, esixe "a convocatoria dunha xunta de voceiros para que se dean explicacións satisfactorias para a cidadanía e que se rectifique esta política interesada e caciquil". De non ser así, "falaremos co resto de grupos da oposición e valoraremos forzar a convocatoria dun pleno extraordinario".

Te puede interesar