Espazo Común culpa ao alcalde de retrasar as axudas do covid

 O grupo municipal Espazo Común responsabiliza ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, do retraso de tres meses que se arrastran nas axudas a autónomos e pemes afectados pola crise do covid-19. Refírese a un "incomprensible retraso de 3 meses dende que goberno e oposición chegamos a un acordo sobre as contías a adicar a este capítulo, o alcalde acordou pola súa conta e risco, pois non era necesario, levar a súa proposta de bases á sesión plenaria". 

Por outra banda, asegura este grupo da oposición que unha "empresa é contratada a 1 de xullo para elaborar unhas bases que o alcalde xa tiña feitas e anunciadas por activa e por pasiva, de feito, dende Espazo Común, o 3 de xuño xa fixemos público o noso parecer sobre as mesmas". Así mesmo, rexeita esta privatización da concesión das axudas.

Te puede interesar