Piñor

Espazo Común di que o alcalde de Piñor ignora a legalidade

Este grupo da oposición afirma que o rexedor é a terceira vez que ten que rectificar decisións 

O grupo municipal Espazo Común de Piñor afirma que por terceira vez, nos poucos meses que van deste mandato, o alcalde de Piñor "vese na obriga de rectificar as decisións que toma por ser contrarias á legalidade", e engade que "o alcalde ignora a legalidade e nomea tenente de alcalde a unha concelleira que non era membro da Xunta de Goberno Local".

Este grupo apunta que nada máis tomar posesión do cargo convocou un pleno co que "pretendía impedir que os concelleiros de Espazo Común tiveramos a representación que nos correspondía por lei nas comisións informativas". E engade que por tratarse dun acordo ilegal tivo que repetir o pleno días despois.

Posteriormente,tivo que rectificar de novo, e as sesións do pleno pasaron a ser cada dous meses e non cada tres como pretendía, insiste. Agora, saíu publicada no B.O.P. unha nova rectificación, a terceira que se fai pública, porque a composición da Xunta de Goberno e a designación dos tenentes de alcalde era contraria á legalidade, segundo afirma.

Te puede interesar