Provincia

Espazo Común insta a reforzar a orientación laboral local

Reclama máis persoal e pide explicacións sobre a perda de dous obradoiros e dun plan de emprego

O grupo Espazo en Común do Carballiño presentou unha moción propoñendo que se recupere o número de efectivos co que contaba a Área de Orientación Laboral e se lle volten a dar medios para desempeñar a súa importante tarefa. Sinala que desde febreiro, o derradeiro mes antes do primeiro confinamento, a novembro, o paro aumentou nun 25 %, subindo de 853 a 1.062 persoas. "En só estes meses, hai 209 desempregados máis", afirma.

Coa pandemia e a crise xerada "fanse imprescindibles tódalas accións de inserción posibles", engade Espazo Común, que critica a redución de persoal de seis a dous traballadores nesta área, que ademais teñen que adicar gran parte do seu tempo ás entrevistas do Servizo de Emprego. Tamén reclaman na moción que  se expliquen as causas da perda dos dous obradoiros e do Plan Integrado de Emprego solicitados e se busquen de xeito inmediato alternativas con outras administracións; ademais da posta en marcha inmediata do acordado Plan de Emprego Municipal.

Te puede interesar