Espazo Común leva a situación do Sahara ao debate no pleno

Espazo Común anunciou que presentará en todos os concellos nos que ten representación unha moción de repulsa á decisión do presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, con respecto ao Sahara.”A iniciativa é crítica co cambio de rumbo do PSOE que deixa abandoado a súa sorte ao pobo saharaui”, sinalan os concelleiros do Carballiño.

Desta maneira, instan ás corporacións municipais, entre elas á do Carballiño, a que se traslade ao Goberno de España a repulsa á nova política sobre a problemática do Sahara e, ao mesmo tempo, que se demande o retorno á situación previa con apoio claro e decidido á defensa dos dereitos do pobo saharaui.

“Despois de case medio século de defensa deste ante a tiranía e a opresión de Marrocos, un goberno pretendidamente socialista vén de dar unha coitelada a traizón, con nocturnidade e alevosía, ás esperanzas de tódolos saharauis”, afirman.

Te puede interesar