Espazo Común pide ao Concello que faga un Plan de Mobilidade

Este grupo precisa que durante os catro anos anteriores conseguíronse crear ao redor de 200 novas prazas de estacionamento

 O grupo municipal de Espazo Común no Carballiño considera fundamental poñer en marcha un Plan de Mobilidade que inclúa, ademais, accións específicas para superar as barreiras arquitectónicas. Espazo Común salienta que a escaseza de aparcamento é un problema recorrente no Carballiño e que, pese ó consenso acadado nos últimos catro anos para mellorar esta situación, nos últimos meses "vemos que se está a emprender un camiño totalmente contrario".

Este grupo precisa que durante os catro anos anteriores conseguíronse crear ao redor de 200 novas prazas de estacionamento. Sen embargo, durante os últimos meses sinala que "vemos que se está a emprender un camiño totalmente contrario coa supresión de prazas de aparcamento en rúas como Cuba ou a avenida do Balneario, aplicando criterios dispares a rúas de iguais características, o cal agrava aínda máis a problemática e multiplica os prexuízos para os afectados". E insiste en que está pendente "a elaboración dunha ordenanza e a aprobación da partida necesaria para o equipamento".

Te puede interesar