política

Espazo Común pide no Parlamento un novo centro de saúde para O Carballiño

Dende o grupo sinalan que a ausencia de pleno municipal impide que se remita un acordo para incluir o proxecto nos orzamentos da Xunta

Espazo Común remitirá directamente a tódolos partidos con representación no Parlamento Galego a petición dun novo centro de saúde para O Carballiño. "A irresponsabilidade do alcalde ao non convocar pleno, impide que se poida remitir un acordo institucional para incluílo nos orzamentos da Xunta para o 2020", sinala este grupo da oposición.

O prazo para presentar enmendas aos orzamentos autonómicos remata na próxima semana e a non celebración do pleno impide que se poida remitir un acordo institucional que reforzara esta solicitude, segundo puntualiza. Así, pide aos grupos parlamentarios unha partida singularizada de 250.000 euros para a redacción do proxecto e a dirección de obra dun centro da saúde.

Te puede interesar