CONCELLO

Espazo Común pide nunha moción melloras na Biblioteca de O Carballiño

Reclama ao alcalde que saque a concurso a praza de arquiveiro-bibliotecario para este espazo público

O grupo municipal Espazo Común do Carballiño rexistrou este luns no concello unha moción mediante a que solicita melloras para a Biblioteca municipal. Para empezar reclama a exposición pública do proxecto de reforma que se está levando a cabo nestes momentos e pide que se abra un prazo para posibles aportacións dos usuarios.

Tamén, demanda que se habilite unha partida singularizada nos orzamentos de 2.020 que permita levar a cabo unha completa reforma e que, tal e como anunciou o alcalde, se saque a concurso mediante Oferta Pública de Emprego a praza de arquiveiro-bibliotecario co fin de que sexa ocupada por unha persoa especializada para dinamizar este espazo, mantendo ao persoal que hai a día de hoxe noutros postos dentro da mesma Biblioteca.

Ademais, pide que se forme adecuadamente ao persoal actual para atender este servizo e que se reforce en canto a efectivos para poder ampliar o horario no canto de recurrir ao peche; e finalmente que se mellore o acceso a internet.

Te puede interesar