O Carballiño

Espazo Común de Piñor pide que o Concello asuma o velorio

uploaded_pinor_resultado
photo_camera Espazo Común alerta da falta de limpeza.
o concello deixou de atender o servizo do velorio dende hai catro anos

O grupo municipal Espazo Común de Piñor defenderá no próximo pleno unha moción para que a corporación acorde a modificación da ordenanza reguladora do servizo do velorio municipal de xeito que o concello recupere a prestación do servizo encargándose da apertura e peche das instalacións así como da limpeza e mantemento e das outras funcións que o concello viña desempeñando anteriormente á data de entrada en vigor da ordenanza vixente. Este grupo tamén pide a emisión dun informe por parte da secretaría municipal que aclare a relación xurídica do Concello de Piñor coas empresas funerarias que se están encargando do velorio.

O portavoz municipal, Francisco José Fraga, afirma que pronto se cumprirán catro anos dende que o concello deixou de atender o velorio e xa no seu momento sinala que votaron en contra deste cambio na prestación do servizo, "defendiamos que era un servizo que funcionaba correctamente". 

Engade que "seguimos sen saber cal é a natureza xurídica desa relación entre o concello e as empresas que se encargan de abrir e pechar o velorio, mantelo e limpalo, mentres asistimos a un continuo deterioro das instalacións e a unha falta alarmante de limpeza tanto nas salas coma nos baños. É habitual a falla de papel hixiénico, varios usuarios tiveron que levar o xabón das súas casas, as arañeiras quedan dun servizo funerario para outro, por non mencionar a suciedade do chan e paredes. A maiores da discriminación que se produce entre os usuarios ó pagaren diferentes prezos pola limpeza".

Te puede interesar