o carballiño

Espazo Común de Piñor ve “deslexo" no Punto Limpo de Piñor

punto limpo piñor
photo_camera Colchóns e outros materiais amoreados no Punto Limpo de Piñor.
O alcalde, José Luis González, achaca esta situación ó incremento de poboación no verán

O portavoz de Espazo Común en Piñor, Francisco José Fraga, vén de amosar a súa preocupación pola situación actual do Punto Limpo, que atopa "cheo de maleza non só no exterior, senón tamén no seu interior", polo que insta ó Concello a poñer solución a esta situación. "Chama moito a atención que a alcaldía publique bandos pedíndolle á veciñanza que desbroce as fincas próximas ós núcleos de poboación e que ó tempo non sexa quen de manter cunhas condicións mínimas o Punto Limpo", suliña Francisco José Fraga.

Sobre as condicións deste depósito destinado a material para a reciclaxe, o concelleiro de Espazo Común apunta que "os residuos atópanse tirados dentro e de calquera maneira, podendo observarse restos de cristais e doutros materiais espallados polo chan", e engade que incluso a porta de acceso non está pechada, feito que, según él, "demostra o deslexo do Concello respecto ó mantemento deste espazo". Francisco José Fraga tamén se refire a que esta situación é tamén deficitaria nas diferentes localidades do municipio, "onde os residuos amoréanse ó pé dos colectores sen que o Concello se preocupe por recollelos".

Pola súa banda, o alcalde de Piñor, o popular José Luis González,apunta que "se hai certo desorde no depósito municipal é debido ó incremento de poboación que temos en Piñor no verán". O rexedor explica que "veñen moitas familias e sacan elementos voluminosos que o Concello recolle porta a porta, e por elo están sen colocar ben no Punto Limpo".

Te puede interesar