O CARBALLIÑO

Espazo Común propón crear parques caninos en solares

Este grupo da oposición considera que os servizos necesarios para a posta en funcionamento destes espazos públicos non precisan grandes inversións.

O grupo municipal Espazo Común do Carballiño presentou unha moción a través da que solicita habilitar parques caninos en diferentes puntos do concello. Considera que se tratra dunha iniciativa relevante para atender á numerosa e crecente poboación canina, e tamén unha acción imprescindible para mellorar a vida destes animais e facilitar a convivencia entre os veciños.

Espazo Común afirma que "existen por todo o pobo gran cantidade de solares que cuns pequenos arranxos se poderían habilitar perfectamente como parques exclusivos para cans" e precisa que non deberían existir impedimentos para "chegar a acordos cos propietarios ofrecéndolles bonificacións fiscais por esas propiedades".

Este grupo da oposición considera que os servizos necesarios para a posta en funcionamento destes espazos públicos non precisan grandes inversións. Trátase dunhas instalacións básicas para que os usuarios "poidan cumprir coas obrigas de mantelos limpos e con diversos xogos nos que os cans poidan desfrutar en liberdade". 

Engade que os servizos poden plantexarse de forma "absolutamente sostible" e que existen distintas posibilidades e unha ampla oferta para acondicionar estos espazos con recursos de carácter reciclable.

Te puede interesar