Espazo Común propón medidas frente ao covid nos colexios de Carballiño

Propoñen unha modificación orzamentaria de 500.000 euros
O grupo municipal Espazo Común presentou unha moción solicitando a aprobación de medidas para que os colexios do Carballiño comecen o curso de maneira segura. Os concelleiros propoñen unha modificación orzamentaria de 500.000 euros que pasarán das partidas de festexos e do remanente de tesourería para, entre outras medidas, a instalación de mamparas de metracrilato en tódalas mesas das aulas; habilitación de espazos para poder reducir o aforo dos comedores; duplicar o número de buses; a creación dunha brigada especial que reforce o servizo de limpeza; instalación de dispensadores de xel hidroalcohólico; contratación dun servizo de enfermeiría itinerante; ademais de axudas a familias para a adquisición de equipamento informático.

Te puede interesar