Espazo Común reclama a limpeza das fosas sépticas de Piñor

A formación levará a pleno o estado de abandono e esixen un mantemento axeitado

Espazo Común levara ó pleno do Concello de Piñor o estado de abandono no que se atopan as fosas sépticas. Este grupo municipal da oposición sinala que a falta de limpeza e mantemento fai que a maior parte delas estean vertendo e contaminando os cursos de auga do municipio. Así, desde Espazo Común esixen unha limpeza inmediata e un mantemento axeitado.

Tras recibir numerosas queixas sobre a situación na que se atopan varias fosas sépticas, os concelleiros de Espazo Común afirman que poideron comprobar por si mesmos a veracidade das queixas. "O estado das fosas resulta lamentable, rodeadas de maleza, con cheiros e vertendo directamente para os cursos de auga da conca do río Arenteiro", sinalan.

Á mala imaxe súmase a contaminación que están ocasionando, advirten.

Te puede interesar