O CARBALLIÑO

Especialistas forman ás familias para educar aos fillos

Ata o momento, tivo lugar unha primeira charla sobre a problemática do Grooming e unha segunda sobre a educación afectivo-sexual

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño terá continuidade no próximo mes de abril coas xornadas formativas comezadas o pasado ano, dirixidas ás familias e destinadas a dar apoio a súa labor educativa, tratando temáticas de especial relevancia na actualidade que promovan a prevención, evitando así a aparición de diversas problemáticas.

Ata o momento, tivo lugar unha primeira charla sobre a problemática do Grooming e unha segunda sobre a educación afectivo-sexual. Na terceira falarase sobre como repercute no comportamento o uso das novas tecnoloxías a idades temperás. Esta actividade levará por título Medrando con Internet e será impartida por profesionais especializados. 

Impartirase nos cinco concellos da Mancomunidade do Carballiño e as persoas interesadas deben inscribirse na sede, no teléfono 988274010, ou en calquera dos concellos.

Te puede interesar