Un espectáculo achega ós rapaces outras culturas e a solidariedade cos países pobres

A concelleira de Servizos Sociais de Carballiño, María Asunción Rivero, e a subdirectora de Cooperación Exterior, Carlota del Carmen Román García, inauguraron onte a campaña ‘Achégate á Cooperación Galega’ coa instalación dunha plataforma móbil na Avenida do Balneario, fronte ó Auditorio.
Os primeiros en estrear esta exposición foron os alumnos do colexio Vila do Arenteiro, que disfrutaron a partir do mediodía dunhas sesións de contacontos.

Ademais dunha mostra gráfica, a campaña propón unha atractiva axenda de actividades para os máis cativos. A través das sesións de contos solidarios, xogos e música, nenos e mozos poden achegarse a outras realidades e culturas, a conceptos como xustiza, igualdade, respecto ou solidariedade. Os estudantes carballiñeses tamén lle meteron ‘un gol á pobreza’ para derrubar o muro das malas novas.

Te puede interesar