Espectáculo de acrobacia con globos en A Veracruz

Será o vindeiro sábado coa estrea da obra "A Luz da Lúa"

O próximo sábado terá lugar no Carballiño a estrea da obra artística "A Luz da Lúa" na Praza da Veracruz, ás 18,00 horas. Un espectáculo estático que pon en valor diferentes técnicas de circo, onde a acrobacia é a parte principal. As acrobacias deste espectáculo, no canto de realizarse en pórticos ou estructuras, lévanse a cabo con 80 globos de helio de 1,5 metros de diámetro cada un, coa finalidade de dar máis grandeza á función. Estes 80 globos son capaces de elevar ás acróbatas e ascender por riba do público para realizar as diferentes técnicas en trapecio, telas ou aros.

O espectáculo foi seleccionado e é subvencionado polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 que persegue os obxectivos de dinamizar a lingua galega, inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da covid-19 , abrindo unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais. O Concello  anuncia que o aforo será limitado e por orde de chegada.

Te puede interesar