Nadal en Ourense

Un espectáculo de pirotecnia, música e circo recibirá ós Reis Magos na Veracruz en Carballiño

Cabalgata en Carballiño.
photo_camera Cabalgata en Carballiño.
Este ano recupérase o formato tradicional pero tamén cun espectáculo do nadal durante o percorrido da cabalgata

Tras as limitacións impostas pola pandemia, o Carballiño volverá á normalidade para a realización da tradicional Cabalgata de Reis. Nos dous últimos anos, a Concellería de
Cultura realizou dous formatos diferentes para evitar que os máis cativos puideran quedar sen formalizar as súas peticións, un ano se executou a través dunha plataforma online e outro cun espectáculo estático na Praza do Emigrante.

Este ano volverá ser o punto de partida o Templo da Veracruz, a partir das 18,00 horas, cun espectáculo de pirotecnia, música e circo. Unha vez rematado, comezará Fantasía de Nadal, onde os Reis Magos acompañados de persoaxes máxicos e artísticos, percorrerán nas súas carrozas o centro urbano ata a Praza Maior,

Durante o percorrido, que irá acompañado da actuación de DJ. Tibu, botaranse dende as carrozas caramelos que, un ano máis, serán sen gluten, mantendo o compromiso adquirido coa Asociación Nacional de Celíacos. 

“As carrozas deste ano terán como temática o medio mariño, sempre vinculado á nosa vila a través do noso produto estrela, o polbo”, sinala o concelleiro de Cultura, Diego Fernández. Unha vez rematado o desfile, as familias entrarán ó Concello dunha forma ordenada para a recepción dos Reis Magos que, un ano máis, intentarán cumplir os desexos dos máis cativos.

Dende o Concello do Carballiño queren agradecer ao persoal que fai posible un evento destas características: Policía Local, Grupo Municipal de Emerxencias, Protección Civil, Cruz Vermella e ós servizos de medio ambiente, obras, electricidade e cultura.

Te puede interesar