SALUD

Espiñedo e o Pavillón Paco Chao terán desfibriladores

Ambas instalacións deportivas non contaban ata agora con este instrumento, que si o tiña o campo de fútbol da Uceira. 

A Concellería de Deportes  do Carballiño, que dirixe Manuel Dacal, acaba de adquirir dous novos aparatos desfibriladores que irán destinados ao estadio de fútbol de Espiñedo e ao Pavillón Paco Chao. Ambas instalacións deportivas non contaban ata agora con este instrumento, que si o tiña o campo de fútbol da Uceira. 

Polo tanto, con estas adquisicións as tres instalacións deportivas máis importantes do Carballiño (A Uceira, Espiñedo e o Pavillón) contarán con ese aparato que pode contribuir a salvar unha vida no caso de que se produza un suceso de parada cardíaca. 

Te puede interesar