CINE

Estrea en Barcelona dun filme sobre o val do Varón

No documental reflíctese o pasado e o presente dos pobos do val do Varón, polo que transcurría o Camiño dos Arrieiros

"Sons no camiño", a película documental realizada polos alumnos do IES Chamoso Lamas do Carballiño dentro do programa Cine en curso do Plan Proxecta da Consellería de Educación, estreouse este pasado xoves na Filmoteca de Barcelona, xunto con outras curtas realizadas por alumnos de diferentes lugares como Cataluña ou Madrid, así como pezas feitas fora do país, como no caso dos centros de estudo chilenos ou arxentinos. Ao longo de todo este curso un grupo de cinco profesores e 17 alumnos estiveron a traballar no proxecto co cineasta galego Ángel Santos e coordinados polo Centro Galego das Artes da Imaxe. 

No documental reflíctese o pasado e o presente dos pobos do val do Varón, polo que transcurría o Camiño dos Arrieiros. Despois desta estrea, a película poderá verse o día 16 na Filmoteca galega, no Centro das Artes da Imaxe, na Coruña, con outros tres proxectos que se fixeron en Galicia. A estrea no Carballiño será ao día seguinte, ás 20,45 horas, no Auditorio. 

Te puede interesar