O Carballiño

A extinción da Fundación Benigno Quiroga chega á Valedora

O Carballiño

A extinción da Fundación Benigno Quiroga chega á Valedora

O portavoz de Compromiso por Galicia (CxG) en Punxín, Eladio Fernández, remitiu un escrito á Valedora do Pobo de Galicia, María Dolores Fernández Galiño, sobre a falta de información do goberno municipal de Punxín, en relación co proceso de extinción da Fundación Benigno Quiroga, por iniciativa do mesmo equipo de goberno.
Eladio Fernández especifica no escrito os motivos "da falta de transparencia e inxustificado ocultismo ao resto dos membros da Corporación como a tódolos veciños", nun proceso que, recolle, "ten moitas dúbidas sobre a finalidade da extinción da Fundación Benigno Quiroga, con máis de 100 anos de existencia e sendo o maior ben público que ten Punxín", sinala.