Carballiño

A fase 2 pecha as felicitacións de cumpreanos na vila carballiñesa

Felicitación en Dornela.
photo_camera Felicitación en Dornela.
Nestes dous meses, preto de 200 nenos recibiron fronte ás súas casas a felicitación polos seus cumpleanos

Coa felicitación do cumpleanos dunha nena residente na aldea da Dornela, preto da Madalena, o Concello do Carballiño remata as felicitacións dos aniversarios dos nenos de 1 a 11 anos, que realizou durante os últimos dous meses de confinamento, e tendo en conta que hoxe entra en vigor a fase 2 da desescalada.

Nestes dous meses, preto de 200 nenos recibiron fronte ás súas casas a felicitación polos seus cumpleanos. Unha iniciativa na que colaboraron a empresa local Inforsonic, o dj Tibu, a locutora de radio Maiti Grande, o grupo municipal de emerxencias, traballadores do Concello e a Policía Local.

Lección

O Concello de Carballiño quere destacar "a gran lección que diron os nenos da vila carballiñesa durante este tempo de confinamento, que supuxo un verdadeiro esforzo para toda a xente, pero dun xeito especial aos máis cativos", segundo manifestan os responsables municipais.

Te puede interesar