O Carballiño

A ‘Festa da Cervexa’ do Carballiño disporá de casetas de degustación

O Carballiño

A ‘Festa da Cervexa’ do Carballiño disporá de casetas de degustación

A segunda edición da ‘Festa da Cervexa’ celebrarase o vindeiro mes de xullo no Carballiño, organizada polos establecementos de hostelería do contorno da Praza Maior coa colaboración da Concellería de Turismo.
O responsable desta área municipal, Manuel Dacal, explicou que ‘a nosa idea é a instalación dun total de seis casetas de diferentes distribuidores, e nas cales haberá degustación de salchichas, polbo ou tacos mexicanos, dependendo da nacionalidade de cada marca de cervexa’. Serán tres xornadas, aínda sen fixar no calendario, que se combinarán con xogos populares.