A ‘Festa da Cervexa’ trae catro concertos á vila do Arenteiro

Javier Riveiro, Roberto López e Antonio Revilla, organizadores. (Foto:  Martiño Pinal)
Un grupo de 25 hosteleiros e a Concellería de Turismo do Carballiño promove a ‘Festa da Cervexa’ co patrocinio de Estrella Galicia nesta fin de semana, con degustacións e catro actuacións musicais na Praza Maior.
A primeira edición da ‘Festa da Cervexa’, patrocinada por Estrella Galicia, chegará esta fin de semana á vila do Arenteiro, cun programa elaborado pola Concellería de Turismo e a recén constitutida Asociación de Hosteleiros do Carballiño.

Un total de 25 establecementos do sector de copas instalarán unha carpa na Praza Maior o sábado 19 e o domingo 20, para ofrecer -ademais do dourado líquidopinchos morunos, tortilla e outras especialidades típicas da comarca carballiñesa.

Na primeira xornada, actuará o grupo ‘Coda’, ás 21,00 horas, e Álvaro Costas ás 23,00 horas, no mesmo entorno da Praza Maior. Para o domingo, e co mesmo horario, estarán ‘Demetrius’ e ‘Susie Q’S’, con entrada libre para tódolos asistentes a esta oferta lúdica, que ten o obxectivo de animar as noites do verán.

Te puede interesar