A Festa do Pulpo terá un prólogo lúdico de 10 días

Pilar Caride e Argimiro Marnotes, na presentación do programa da 'Festa do Pulpo'. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Un completo programa de actividades deportivas, musicais, gastronómicas e de conmemoracións históricas encherá os 10 días previos á celebración, o domingo 12 de agosto, das vodas de ouro da 'Festa do Pulpo' no Carballiño.
O punto de partida será o xoves 2 de agosto, coa presentación dun libro de Antón Fidalgo sobre as pulpeiras no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Nos dous días seguintes, organízase un campionato de billar 'Poolpo' na Praza do Emigrante, que tamén acollerá, na tarde dos días 7, 8 e 9 unhas xornadas de preparación do cefalópodo.

Unha das novidades será unha homenaxe ás tradicionais cañas da Confitería Cerviño, o luns 6, e a conmemoración dos 200 anos do Concello do Carballiño, á que serán invitados tódolos concelleiros e exediles da Corporación. Espectáculos de maxia, actuacións de orquestras, feiras de artesanía e unha sesión pirotécnica completan 'uns días que pretenden lembrar que a Festa do Pulpo naceu coas patronais de San Cibrao', apuntou o alcalde, Argimiro Marnotes.

Te puede interesar