festas

As festas do San Cibrao cortan rúas do centro do Carballiño

Mañá ponse en marcha o programa que nesta primeira xornada ofrece o concerto do grupo folk Treixadura

Mañá comezan as festas patronais do Carballiño en honor ao San Cibrao, que se prolongarán ata o día 19, e coa instalación das atraccións, que irán ubicadas na rúa Conde Vallellano, praza do Emigrante e praza da Veracruz, xa está cortado o tráfico entre a rotonda da Alameda e o cruce coa rúa Aldara.  Así mesmo, durante as verbenas e concertos non se poderá circular polas rúas Aldara os días 13, 14, 15, 16 e 17; Calvo Sotelo, o 15 e 16; e Baixada a Flores o día 14.

O Concello do Carballiño recomenda por ese motivo aos conductores utilizar vías alternativas nesas rúas durante os días indicados dos cortes de tráfico, tanto para circular como para estacionar.

As festas arrancan cun concerto do grupo de música folk Treixadura, previsto para as 23,00 horas na praza Maior.Previamente, ao longo desta primeira xornada haberá xogos populares dirixidos pola asociación Aspadisi, a partir das 10,30 horas, na mesma praza, e as 17,00 horas unha festa infantil.

Para o sábado está previsto un concerto de grupos de música locais no Barrio de Flores; tamén haberá verbena coa orquestra Claxon e un concerto tributo aos Héroes del Silencio, ás 23,00 horas, ademais de animación nas rúas co Doctor Anchoa e Castro Bello.

Te puede interesar