O Festival do Teatro Galego busca voluntarios

A Asociación Cultural Fetega, encargada do Festival do Teatro Galego “Celso Parada” no Carballiño, busca un ano máis voluntarios para formar parte da organización. Os interesados “terán a oportunidade de desfrutar de novas experiencias nun contorno agradable, e vivir o festival desde unha perspectiva diferente, coñecer aos nosos actores, actrices e compañías de teatro. Ademais, como é habitual, todas as persoas anotadas terán dereito a aloxamento e comidas”, sinalan desde a entidade. 

O prazo para inscribirse na 33ª edición do Fetega remata o 29 de xullo. O formulario de inscrición atópase en www.fetega.gal.

Para elo, a asociación subscribe unha póliza do seguro de accidentes e responsabilidade civil para as persoas voluntarias que colaboran coa entidade.

Entre as vantaxes de formar parte do voluntariado figura a formación práctica e teórica, sobre teatro e a organización de eventos. Ao remate do festival a persoa voluntaria recibe un certificado que garante ter superado tanto a parte teórica como as diferentes actividades propostas. Tamén, afirman que se gana en experiencia, posto que desenvolve as tarefas e actividades necesarias para sacar adiante o reto dunha nova edición; vai convivir coa montaxe dos espectáculos desde dentro; e estará preto das actrices, actores e técnicos.

Te puede interesar