música

Festival galaico-portugués de polifonía e canto coral

coral_casino_result
photo_camera Jaime González, César Fernández, Francisco Fumega e Antonio Luis Santiago, durante a presentación do Festival.

O salón de actos do Casino acollerá o evento este sábado a partir das 20,30 horas

Catro corais participarán mañá sábado no XXXIV Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral, que se celebrará no salón de actos do Casino ás 20,30 h. As agrupacións musicais participantes serán Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña); Coro Legatto (Mira, Coimbra, Portugal); Asociación Cultural Coral de Botos (Lalín), e a Coral Polifónica do Casino do Carballiño.

O evento foi presentado onte polo alcalde do Carballiño Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o director da Coral do Casino, Jaime González Pichel, e o secretario desta entidade, Antonio Luis Santiago. Francisco Fumega agradeceu o traballo da Coral do Casino e a promoción que fai da vila polo mundo adiante, e que se amosa sobre todo en actos como este festival que cumple 34 anos. Dixo que manter unha coral é un labor que require constancia e esforzo, e a Coral do Casino o demostra cada ano.

Pola súa parte,Jaime González destacou sobre todo o espíritu de superación e a evolución da entidade que dirixe, asegurando que o Festival Galaico-Portugués é unha referencia en toda Galicia dende hai tempo.

Te puede interesar