O festival ‘Orcellón fala e canta’ abre a participación a novas iniciativas artísticas

A Agrupación Cultural Avantar do Carballiño xa ten practicamente perfilada a súa programación para a que será a cuarta edición do festival ‘Orcellón fala e canta’, que se desenvolverá ó longo do vindeiro mes de maio.
Neste sentido, o coordenador da organización, Víctor Gulías, adiantou onte a celebración dun total de cinco actuacións musicais en outros tantos locais de hostelería da vila carballiñesa, entre as que destaca a dos grupos ‘Banda Desarmada’, ‘Kambotes’ e ‘Sonora Machina’, nas fines de semana do mes citado.

Os responsables de Avantar sinalaron que ‘para acudir a estes concertos é preciso mercar unha pulseira identificativa que se porá á venda ó prezo de cinco euros, co único obxectivo de achegar unha axuda económica para os nosos gastos’. Asemade, o festival introduce como novidade a sección ‘Fai cultura galega con nós’, na que calquera persoa pode presentar unha iniciativa de teatro, cine, música ou expresión oral en galego, ‘a fin de que a xente participe de maneira activa’, apuntaron.

Roteiro Calquera proposta neste sentido pódese remitir ó correo electrónico da asociación, tendo en conta que as sesións reservadas neste eido celebraranse os días 9 e 16 de maio no Café Plaza a partir das oito da tarde. O programa de ‘Orcellón fala e canta’ manterá o tradicional roteiro adicado ó poeta Manuel María, así como contacontos e obradoiros de reciclaxe para os cativos, o sábado 30 de maio. Nesta data de clausura, o cantautor carballiñésRoberto Sobrado tamén presentará -a medianoiteo seu novo disco no Café Carlos.

Te puede interesar