O festival ‘Orcellón fala e canta’ contribúe a animar as fines de semana no Carballiño

Músicos, fotógrafos, poetas, cineastas, actores e actrices teatrais, contacontos e bailaríns integran o abano de personaxes que están a participar no festival ‘Orcellón fala e canta’, que organiza no Carballiño a agrupación cultural ‘Avantar’ na súa cuarta edición.
As actividades do programa que se desenvolve en tódalas fines de semana deste mes de maio abriuse o pasado venres coas actuacións do cuarteto de gaiteiros ‘Carballeira’ e do dúo teatral formado por Clara Vázquez e Xavier Nóvoa, que percorreron un total de 15 establecementos de hostelería que colaboran coa organización.

Na noite do sábado, arrincou unha nova andaina de ‘Fai cultura gelega con nós’, no Café Plaza, un escenario onde calquera persoa pode aportar o seu grao de area ó traverso de amosar as súas inquedanzas persoais ó traverso da improvisación. A xornada rematou no pub ‘Jazzmin’ co concerto de ‘Ataque Escampe’, grupo de rock. Nesta semana, a primeira cita de ‘Orcellón fala e canta’ será o venres 15 no café Seteflores, no que o carballiñés Pachi Baranda, guionista e director de cine, presentará ás 23.00 horas as súas últimas montaxes.

A partires da medianoite, o pub Copacabana acollerá a actuación de A Banda Desarmada, un colectivo de músicos do Carballiño que mixtura estilos e que o ano pasado foi candidato ó festival de Eurovisión coa canción ‘Guacho, guacho’.

Te puede interesar