Comercio local

Flor de Lis foi o comercio que gañou o concurso de escaparates

Ao concurso presentáronse un total de 12 establecementos

Os establecemento comerciais Flor de Lis, Estanco nº 5 e Edeben, son por este orden os gañadores dos tres primeiros premios do Concurso de Escaparates de Nadal que organizou O Concello do Carballiño, co fin de implicar aos comerciantes coa ambientación e decoración navideña.

Os premios foron entregados onte pola concelleira de Comercio, Silvia Baranda, e os propietarios destes negocios galardoados recibiron os correspondentes diplomas que acreditan ser os seleccionados nesta edición do 2019.

Ao concurso presentáronse un total de 12 establecementos do Carballiño, que ademais dos diplomas recibieron no caso do primeiro seleccionado polo xurado, Flor de Lis, 200 euros en metálico; o segundo, Estanco número 5, 150 euros e o terceiro, Edeben, 100 euros, sumando un total de 450 euros.

Te puede interesar