POLÍTICA LOCAL

Frente común da oposición diante do goberno carballiñés

PP, BNG e Espazo en Común esixen explicacións pola falla de tramitación do obradoiro de emprego deste ano

A oposición do Concello de Carballiño, formada por PP, Espazo Común e BNG fixeron este sábado público un escrito conxunto no que esixen ao goberno socialista revisar a documentación de solicitude do obradoiro de emprego. Adiantan que "as contradictorias explicacións ofrecidas polo alcalde e o concelleiro de Emprego non convencen a ninguén".

As sospeitas xurden pola tardanza en poñer en marcha o obradoiro de emprego e as explicacións que públicamente deu o goberno municipal, aparentemente "inonexas", como denuncian os grupos da oposición. No escrito remitido este sábado aos medios de comunicación lémbrase que "foi no derradeiro pleno do pasado ano onde, por primeira vez, dende a oposición municipal do Concello do Carballiño, denunciábamos a sospeitosa falla de información sobre o Obradoiro de Emprego, e do que o alcalde respondeu que todo estaba en orden".

Os grupos interesábanse polo obradoiro do pasado ano "que se tiña que solicitar no mes de xuño dese ano, por parte do Concello do Carballiño en representación da agrupación de concellos de Carballiño, Boborás, Maside e San Amaro dese ano e que sería para o periodo do ano pasado e deste". Segundo o modelo de funcionamento habitual é que se puxese en marcha a finais do pasado ejercicio. 

Ante as dúbidas e o retraso na súa posta en marcha a oposición desconfía de que o goberno local está dando versións contrapostas. 

"O estrano da contestación dada polo alcalde, levounos a facer escritos pedindo explicacións e estas chegaron en tromba ao través dos medios de comunicación pero de xeito aínda máis absurdo", di a oposición. Segundo o seu relato o concelleiro de Emprego, Manolo Dacal "afirmaba nunha entrevista que o problema foi dun dos concellos participantes que non puido reunir toda a documentación a tempo e que non contaba con obradoiro para este ano". Pola súa banda, o alcalde Francisco Fumega "afirmaba que o problema orixinouse en Boborás e que xa tiña un acordo coa alcaldesa deste municipio e a Xunta de Galicia para o outorgamento doutro Obradoiro para paliar a perda desta convocatoria".

Precisamente, por esas supostas contradiccións, o PP, Espazo en Común e BNG queren explicacións claras mediante o acceso ao exediente de tramitación da solicitude do obradoiro de emprego. "No caso de que non se nos facilite a súa consulta de xeito urxente ou non concorde coa versión ofrecida, reservámonos a posibilidade de demandar responsabilidades por calquer outra vía", indican.

Te puede interesar