O CARBALLIÑO

Fumega promete solucións aos extraballadores do matadoiro e GES

O compromiso de buscar "unha solución ante a inacción e a manifesta incapacidade de Marnotes"

O candidato do PSdeG á Alcaldía do Carballiño, Francisco Fumega, trasladou aos ex traballadores do matadoiro e servizo de emerxencias, tamén ós traballadore de axuda no fogar e da Residencia do Tempo Libre, o seu máximo apoio nas súas reivindicacións, e o compromiso de buscar "unha solución ante a inacción e a manifesta incapacidade de Marnotes", segundo apuntou. Máis de 40 representantes deste colectivos acudiron a unha xuntanza co candidato e cos deputados autonómicos da provincia, María Quintas e Pachi Vázquez.

Fumega comprometeuse a atopar unha solución ós seus problemas laborais cando chegue á alcaldía. Pola súa parte, os deputados socialistas ofrecéronlle tamén o seu máximo apoio e comprometéronse a facer chegar as súas reivindicacións á Xunta mediante iniciativas que presentarán no Parlamento Galego.

Te puede interesar