A gardería de Boborás aumentará en cinco prazas

A Corporación de Boborás abordará hoxe en pleno dúas propostas do grupo de goberno popular. Por un lado, propón unha modificación do regulamento do Punto de Atención a Infancia (PAI), 'consciente da gran demanda existente, trátase dunha ampliación en cinco prazas máis das 15 actualmente previstas, e que a día de hoxe están completamente cubertas, existindo familias en lista de espera', sinala a moción.
Por outra banda, o grupo de goberno propón que o Consistorio asuma a financiación dos medicamentos dispensados nas farmacias hospitalarias, e que se atopan no catálogo da Resolución da Dirección Xeral de Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde. 'Co fin de que ningún veciño do municipio, teña que abandoar o seu tratamento debido a súa situación socioeconómica', indica a moción, asumindo o Concello o copago.

Te puede interesar