A gardería infantil de Cea volta a abrir

LR- A gardería de San Cristovo de Cea voltou a abrir o pasado venres tras facerse cargo o Concello dos gastos do persoal de atención. O peche deste centro infantil fai un mes motivou unha interpelación no Parlamento galego da da deputada socialista Laura Seara.

A apertura da gardería infantil de San Cristovo de Cea no pasado mes de febreiro e o seu peche posterior fai un mes espertou o interese da deputada Laura Seara, do PSdeG-PSOE. As instala cións infantís, que acollen un total de 15 nenas e nenos do municipio foi reaberto o pasado venres por orde do alcalde, o ’popular’ José Luis Valladares.

 A parlamentaria ourensá dirixiu á Mesa do Parlamento de Galicia unha serie de preguntas  encol das circunstancias que rodearon ó peche da gardería, ’xa que todo indica que a apertura deste centro escolar foi unha medida electoralista do alcalde’. Laura Seara considera ’un insulto ós veciños de Cea’ abrir a gardería en febreiro e pechala en setembro, coincidindo co inicio do curso escolar.

 Por iste motivo, a voceira socialista de Igualdade pregunta a  Xunta de Galicia se foi informada da clausura do do centro de acollida infantil, e se o municipio de San Cristovo de Cea está adherido ó Consorcio Galego de Servizos Sociais.

 José Luis Valladares apuntou que ’tivemos pechada a gardería ata que asumimos dende o Concello os gastos do persoal (dúas traballadoras) da gardería, xa que a Xunta non deu resposta á nosa solicitude para que financiase as contratacións’.

Te puede interesar