O Concello solicitou un taller de emprego para a formación de 26 alumnos durante un ano

Unha gardería infantil para Maside

A construcción dunha gardería infantil e dun sendeiro entre A Rañoa e A Touza son as principais obras que desenvolverá un taller de emprego que foi solicitado polo Concello de Maside á Consellería de Traballo. O investimento é superior ós 600.000 euros para a formación de 26 parados.
O equipo municipal de goberno de Maside presentou recentemente na Consellería de Tra ballo a solicitude dun proxecto de taller de emprego para desenvolver nun ano e cun orzamento superior ós 600.000 euros. O alcalde, Celso Fernández, sinala que ‘estará dividido en tres módulos de albanelería, cantería e recuperación medioambiental, nos que participará un total de 26 persoas paradas do municipio’.

Un dos obxectivos do programa é construir unha gardería infantil na capitalidade, ademais da creación dun sendeiro entre o complexo termal de A Rañoa e a localidade de A Touza, no contorno do cemiterio parroquial de Santo Tomé.

O rexedor socialista apunta que ‘esta é unha boa oportunidade para que os desempregados de Maside dispoñan de formación para insertarse no mercado laboral’.

Te puede interesar