Gastronomía, teatro e cine neste abril cultural do Carballiño

Jouse García, Diego Fernández e Paula Pato, presentando o taller de clowns.
photo_camera Jouse García, Diego Fernández e Paula Pato, presentando o taller de clowns.
A programación para abril no Carballiño inclúe a Romería das Pulpeiras e un taller de clowns

A programación cultural do mes de abril do Carballiño ofrece unha trintena de actividades que mesturan cine, teatro, historia e  gastronomía. Un dos pratos fortes será a Romería das Pulpeiras, o día 22, na Veracruz, entre outras ofertas gastronómicas como a Ruta das Tapas; destaca tamén un roteiro urbano sobre a arquitectura relixiosa da vila ou o taller de clowns, que se prolongará durante tres xornadas no Auditorio Manuel María.

Claudia Cantone dirixirá este taller, que presentaba o actor Jouse García, impulsor da Escola Galega de Clowns e que é a persoa que, froito da colaboración co Concello do Carballiño, organiza agora este taller. Segundo explicou o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, esta iniciativa pode ser o xerme dunha escola permanente de clown pola que pasen os mellores especialistas do mundo e que de pe á organización de festivais, mostras e espectáculos, unha idea na que o goberno local leva algún tempo traballando. Como broche a este curso, os 14 participantes procedentes de Galicia, Valladolid e Madrid farán unha mostra aberta ao público.

A programación tamén inclúe un monólogo de Fernando Moraño; o teatro musical “Vox Populi” e o musical “Queen Kids- Pares o nones”; teatro contemporáneo con “Hugo”, premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil; Teatro Novo Circo e o “The Swow Moscón”.

Así mesmo,  haberá Cantos de Taberna e Cine Club proxectará películas como “Close”, “Mantícora”, “The quiet girl” e “El triángulo de la tristeza”.
Ademais, ata o 9 de abril, está aberta a exposición “O Camiño da Cruz”, no Templo da Veracruz e na Igrexa parroquial San Cibrao.

Te puede interesar