O Carballiño

Gestamp non vende a fábrica carballiñesa de torres eólicas

O Carballiño

empresa

Gestamp non vende a fábrica carballiñesa de torres eólicas

Cándido González, José Antonio Álvarez, Francisco Fumega e Adolfo Nogueira.
photo_camera Cándido González, José Antonio Álvarez, Francisco Fumega e Adolfo Nogueira.

O xerente da empresa confirmoullo ó alcalde, logo das noticias que falaban desta posibilidade

A empresa de fabricación de torres eólicas Gestamp Wind Steel Galicia (GRI), ubicada no parque empresarial do Carballiño, continuará desenvolvendo a súa actividade con total normalidade, sen que estea previsto a súa venda. Así o manifestaron o xerente, Cándido González, e o director de recursos humanos, José Antonio Álvarez, durante unha reunión que mantiveron no Concello co alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, para desmentir a noticia da venda desta sección eólica de Gestamp a unha compañía multinacional, segundo informacións recentes, o que xerou unha grande preocupación no Carballiño, xa que nestes momentos da traballo a 350 persoas.

Na reunión, os responsables de GRI informaron ás autoridades municipais que esta noticia debeuse a unha mala interpretación doutra noticia sobre a venda de parte dos parques eólicos da compañía, pero que non afecta en absoluto ás prantas de fabricación dos aeroxeradores, como é o caso desta do Carballiño.

En realidade, a noticia orixinal do periódico económico Expansión informaba de que “La familia Riberas, principal accionista de Gestamp Automoción (GEST.MC), está negociando la venta de su negocio eólico por mercados o paquetes de activos y para ello ha contratado a Bank of America, en una operación que podría alcanzar un importe máximo de 2.000 millones de euros incluyendo deuda”. Con todo, obviouse que se refería aos parques eólicos e non ás prantas de produción.

Tanto Francisco Fumega como Adolfo Nogueira agradeceron a información facilitada polos responsables de GRI e amosaron a súa satisfacción ao comprobar de primeira man a continuidade da pranta, que supón unha das fontes de emprego máis importantes para este municipio e para toda a comarca do Carballiño. 

Más en O Carballiño