concello

O goberno de Boborás nega a existencia dun vertedoiro

Dende o goberno local lamentan que a formación política "empregue o engano para danar a imaxe do municipio".

O Concello de Boborás saiu ao paso das acusacións verquidas dende Move Boborás, nas que apuntaban á existencia dun novo vertedoiro. Dende o goberno local lamentan que a formación política "empregue o engano para danar a imaxe do municipio". Aseguran que o ocorrido realmente foi que o Concello sacou ao exterior material que tiña gardado dentro do almacén do pavillón, así como o procedente doutros espazos co obxectivo de organizalo e clasificalo. Engaden que se colocou no exterior para non facelo dentro da zona común do espazo deportivo, xa que alí habitualmente hai actividades vencelladas ao servizo de conciliación e outras deportivas. De feito, o 17 "xa non había nada no exterior, o que dá proba de que eran traballos de reorganización".

No que atinxe á cuestión das sinais, matizan que ningunha delas está sen estrear, se non que se retiraron por non estar homologadas ou en mal estado, e que se pretenden reaproveitar cambiando o seu vinilo ou reciclar. Neste senso, denuncian "a falta de verdade de Move Boborás" ao decir que eran indicacións que se colocaran antes da pasada Semana Santa, posto que "non son" e as últimas que se ubicaron foron no mes de novembro do pasado 2017 grazas á subvención de Turismo.

No caso das farolas, sinalan que son as retiradas de cambios de alumeados en diferentes núcleos, que debido a que non se poden reaproveitar, serán organizadas en lotes para licitar a súa venda. Asimesmo indican da presenza de podas e limpeza de herba, que non é máis que a acumulación de restos de traballos que fixo o Concello.

Te puede interesar