La Región

POLITICA

Gonzalo Caballero pide votar con "coherencia" nas investiduras municipais

O líder dos socialistas galegos chama ás diferentes forzas políticas a manter os mensaxes transmitidos en campaña electoral

Gonzalo Caballero estivo acompañado por membros do partido na súa visita ao Carballiño.
Gonzalo Caballero estivo acompañado por membros do partido na súa visita ao Carballiño.
Gonzalo Caballero pide votar con "coherencia" nas investiduras municipais

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este xoves O Carballiño, onde estivo acompañado polo alcalde da vila, Francisco Fumega. O líder dos socialistas galegos criticou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola súa insistencia en que debe gobernar a lista máis votada. "Feijóo está pensando no seu, pero nós queremos falar da cidadanía", recalcou Gonzalo Caballero.

En canto ás negociacións para as investiduras do vindeiro sábado, Caballero pediu "coherencia" ás diferentes formacións políticas para votar en consecuencia cos mensaxes transmitidos durante a campaña electoral. O líder dos socialistas destacou o caso da cidade de Ourense, onde os socialistas "plantexamos a necesidade de pasar páxina tras catro anos de ineficacia" e, por iso, “presentamos o mellor candidato e gañamos as eleccións", sinalou Gonzalo Caballero.

No actual escenario no que os votos socialistas non son suficientes para determinar o goberno, “outras forzas terán que decidir que queren facer” tras anos “criticando a Baltar”.


O CARBALLIÑO


Caballero aproveitou para destacar o "compromiso" do alcalde de Carballiño, Francisco Fumega, que volveu acadar "unha maioría absoluta clara e rotunda" nos comicios municipais. Neste senso, Fumega agradeceu aos veciños a “confianza” recibida nas urnas.