O CARBALLIÑO

Os grupos políticos piden solución ao conflicto Pacholo

Os portavoces municipais solicitan o máximo esforzo negociador entre as partes para resolver o conflicto laboral

Os grupos políticos que compoñen a Corporación municipal do Carballiño: PP, PSOE, BNG, Alternativa Veciñal e os concelleiros non adscritos acordaron facer público un manifesto conxunto a consecuencia do conflicto laboral existente na empresa de Transportes Pacholo, que entre outros traballos, tamén se encarga de trasladar os residuos urbanos desde as plantas de transferencia ata Sogama. Co manifesto solicitan"o máximo esforzo negociador entre as partes que permitan resolver o conflicto do servizo de transporte combinado de residuos urbanos e outros residuos".

Ademais, instan "aos negociadores a protexer os postos de traballo, especialmente os da comarca do Carballiño", e solicitan "a mediación e intensificación dos esforzos do Consello Galego de Relacións Laborais", xa que está prevista para hoxe unha reunión co fin de chegar a un acordo. 

O comité de empresa pediu o apoio dos grupos políticos da Corporación do Carballiño, despois de que Transportes Pacholo procedese ao despido de oito traballadores, dos cales tres son deste municipio. Os afectados afirman que se negaron a realizar o traslado dos residuos por un problema de saúde laboral.

Te puede interesar