O CARBALLIÑO

Homenaxe da cultura
 ó poeta Víctor Campio

<p></p>
photo_camera Momento no se que se descobre a peza escultórica en homenaxe a Campio.

A Ínsua dos Poetas acolleu a décima edición da "Festa da Palabra" 

A Fundación Ínsua dos Poetas decidiu render homenaxe a Víctor Campio Pereira, o poeta nado en Maside, nun acto que coincidira coa celebración da "Festa da Palabra", prevista para o 28 de xullo na súa décima edición. Pero o autor da parroquia de Garabás falecía repentinamente o pasado martes na súa vivenda da cidade, recén cumpridos os 90 anos.

A pesares da súa morte, a organización mantivo a cita cultural fixada no almanaque, e finalmente desenvolveuse onte na Ínsua dos Poetas, sede da fundación e ubicada na localidade carballiñesa de A Esgueva. Unha cita á que acudiron novos creadores, poetas, escultores, artistas plásticos ou deseñadores gráficos de toda Galicia. O programa incluíu un recital a cargo dos poetas Edelmiro Vázquez Naval, Víctor Fernández Viñal, Alba Cid, Pablo Rubén Eiré e Luís González Tosar, que nos seus versos lembraron a Víctor Campio, e que estiveron acompañados por un dúo musical.

Ata o recinto tamén se achegaron o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, que alaou a obra poética do escritor de Garabás (Maside), pola súa "calidade, fondura e sinxeleza", e o presidente da Deputación provincial, Manuel Baltar, así como alcaldes da comarca, ó de Carballiño, Francisco Fumega, entre eles.

Baltar destacou o protagonismo da provincia no ámbito da cultura galega, e lembrou que estando ás portas do centenario de Nós, no vindeiro 2020, “moito máis que unha revista, unha xeración completa que revolucionou desde Ourense a Galicia do Século XX e que nos conectou, especialmente, coa Europa dos pobos e as nacións sen Estado".

A organización fixo entrega dos premios "Ínsua dos Poetas 2018" nas súas sete categorías: o de Artes plásticas recaeu en Siro López; o de Emigración, en Beatriz Carballo Regueira, actual secretaria da Asociación Fillos de Zas en Bos Aires; o de Iniciativa empresarial a favor da cultura, no presidente de Viña Costeira Adega, Andrés Rodríguez; o de Acción social, no presidente da Fundación San Rosendo, Benigno Moure; o de Medios, en Cablevisión Carballiño, e o de Creación literaria, no escritor Bieito Iglesias. A "Plataforma mina Touro-O Pino NON" levou o premio de Defensa do medio ambiente. 

Te puede interesar