ACTIVIDADES DE VERANO

Hoxe remata o prazo para matricularse nos campamentos

As solicitudes pódense presentar na área de Xuventude do Concello do Carballiño, no terceiro andar, de 08,00 a 14,00 horas, sendo hoxe o último día no que se poderán entregar.

Hoxe remata o prazo para matricularse no campamento de verán de temática medioambiental, en Porto do Son, que promove o Concello do Carballiño. Este campamento terá lugar do 23 ao 28 de xullo, e vai dirixido preferentemente a rapaces de 12 e 13 anos. Ofértanse un total de 25 prazas, e o custo para os usuarios será de 85 euros, e no caso de familias con rendas reducidas será de 15 euros por cada neno. O prezo inclúe aloxamento, manutención, seguro, material para as actividades e uso das instalacións.

As solicitudes pódense presentar na área de Xuventude do Concello do Carballiño, no terceiro andar, de 08,00 a 14,00 horas, sendo hoxe o último día no que se poderán entregar.


AGOSTO

Ademais, este mesmo luns remata tamén o prazo de matrícula para outro campamento de aventura no Xurés (Muíños), que promove a Deputación provincial e que se desenvolverá do 23 ao 29 de agosto.

Para este campamento ofértanse 15 prazas e está dirixido a nenos e de 9 a 11 anos de idade. O custo do mesmo é de 88 euros por cada participante.

Os responsables municipais animan a participar nestas iniciativas formativas e de ocio dirixidas aos rapaces, lembrando que hoxe é o último día para matricularse.

Te puede interesar