O CARBALLIÑO

Identificado un vecino por maltrato a un perro

O animal presentaba “delgadez extrema con ausencia de masa muscular nas costelas e pelvis

A Policía Local do Carballiño abriu unha dilixencia contra o propietario dun can por posible maltrato animal. Trátase dun can de raza boxer que foi recollido hai uns días na rúa polo servizo de lacería do centro de acollida de animais de A Medela, dependente da Deputación de Ourense. 

O can posúe microchip, polo que foi posible identificar ao seu propietario, cuxas inciais son E.M.P.H. 
Tras ser recollido, despois de recibirse un aviso da existencia dun can deambulando en moi malas condicións pola rúa Ourense, o animal presentaba “delgadez extrema con ausencia de masa muscular nas costelas e pelvis. Posiblemente, por desnutrición”, segundo o informe do veterinario.

Na testemuña á Policía, o propietario asegurou que llo regalara a outra persoa, sen embargo, esta declaración non parece crible e entra en contradición co que afirma a persoa aludida, que nega que se fixese cargo do can, ainda que éste puido seguir a unha egua mercada por dita persoa ao propietario do can.

Te puede interesar