O CARBALLIÑO

O IES Chamoso Lamas gaña o concurso ComunicaTedu 

lamas
photo_camera Os alumnos de 1º de ESO que gañaron o concurso ComunicaTedu.

O centro educativo carballiñés presentou cinco equipos formados por alumnado de 1º de ESO,

O IES Chamoso Lamas resultou gañador da primeira edición do concurso ComunicaTedu, organizada pola Dirección Xeral de Educación Formación Profesional e Innovación Educativa. 

O centro educativo carballiñés presentou cinco equipos formados por alumnado de 1º de ESO, dos cales foron vencedores dous deles, xunto con alumnos doutros catro institutos galegos. Os grupos, de tres rapaces e rapazas, realizaron unha búsqueda de información, redactaron as exposicións e fixeron una mostra oral previa diante dos seus compañeiros.  

As presentacións deste concurso realizáronse dentro das xornadas de educación Inquedu, que é un evento no que se comparten inquedanzas, divúlganse ideas e fomenta o debate sobre a nova educación.

ComunicaTedu é un concurso que pretende que o alumnado galego afonde na comunicación lingüística. O obxectivo principal reside en que profesores e alumnos profundicen en recursos que melloran o traballo na aula. 

Te puede interesar