actividade

O IES Número 1 de Carballiño organiza un Concurso de Regueifas

rátase dunha das actividades extraescolares que desenvolve ao longo do curso.

O IES Número 1 do Carballiño puxo en marcha, como xa vén sendo habitual no últimos anos, un Concurso de Regueifas no que o alumnado poderá demostrar o seu enxeño e as súas habilidades oratorias. Trátase dunha das actividades extraescolares que desenvolve ao longo do curso. Así, neste pasado mes de xaneiro o alumnado visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento (Xermade), para mellorar o coñecemento das enerxías renovables.

Ademais, realizou dúas viaxes a Santiago de Compostela: nunha delas tivo ocasión de compartir experiencias con outros centros nos “Ludi Compostellani”, actividades tendentes a un mellor coñecemento da cultura clásica; na outra os alumnos asistiron a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia e puideron coñecer mellor a cidade desde o punto de vista artístico .

No centro realizáronse tamén varias charlas sobre distintos temas como educación sexual, impartidas polo COF; ou educación vial, impartidas pola Xefatura de Tráfico de Ourense. E unha terceira na que se contou coa participación de tres exparlamentarios galegos para coñecer o funcionamento da institución. No referente  a actitivades deportivas, os estudiantes deste instituto competiron xunto con outros centros da vila na carreira de campo a través celebrada, coma todos os anos, no Puzo do Lago.

Te puede interesar