EDUCACIÓN

O IES Número 1 presenta o seu arquivo de 25 anos académicos

Son un total de 25 anos de actividade escolar onde se recollen imaxes do alumnado, do profesorado, das actividades extraescolares do centro

O IES Número 1 de Carballiño presentará mañá o seu arquivo audiovisual que recolle 25 anos de actividade académica. Ao longo destes útimos anos estívose a levar a cabo un traballo de recompilación de materiais audiovisuais que reflicten a actividade académica do IES Nº1 no período comprendido entre 1976, ano da creación do centro, e 2001. Neste período estivo implantado o Bacharelato Unificado Polivalente (B.U.P.). 

Son un total de 25 anos de actividade escolar onde se recollen imaxes do alumnado, do profesorado, das actividades extraescolares e todo aquilo que algunha vez foi fotografado ou gravado en vídeo no centro. Este labor de recompilación, no que se investiron numerosas horas, foi impulsado e coordinado polo director do centro, Manuel Amil, en colaboración co persoal docente. 

Te puede interesar