O Concello de Carballiño aumentará o orzamento do ente co obxectivo de promocionar a vila

Os ingresos da Festa do Pulpo irán ao Padroado de Turismo

Un grupo de comensais no Parque municipal, durante a 'Festa do Pulpo'. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
O equipo de goberno do Concello do Carballiño contemplará nos orzamentos para iste ano un incremento na partida económica que se asigna ó Padroado de Turismo Municipal, ademais de acometer unha remodelación de este organismo, posto en marcha a finais da década dos 90.
Neste sentido, o alcalde, Argimiro Marnotes, adianta que a xestión da 'Festa do Pulpo', que este ano acada as súas vodas de ouro (50 anos), pasará a mans do padroado cando antes correspondía á Concellería de Festexos. Precisamente, serán os ingresos polas taxas que se cobran a pulpeiros, postos de venda e bares ambulantes que se instalan no Parque carballiñés durante o evento gastronómico (ó redor duns 40.000 euros) os que engrosen os orzamentos do ente turístico, o que suporía duplicalos.

Por outra banda, o padroado, no que están integrados representantes dos grupos políticos da Corporación e das asociacións de hosteleiros e comerciantes, tamén asumirá os ingresos procedentes do camping municipal e dos cánones dos tres restaurantes que funcionan en réxime de concesión administrativa do Concello. Concretamente, trátase de O Pote, O Muíño das Lousas e A Maquía, istes dous últimos ubicados no Parque Etnográfico do Carballiño.


AUTONOMÍA

Marnotes prevé que o padroado se convirta no 'motor' que impulse a promoción da vila do Arenteiro no exterior, 'pero para elo hai ten que ter vida propia e desenvolver as súas actividades con total autonomía'. Ó respecto, lembrou que durante o mandato do anterior grupo de goberno (PSOE e BNG) as tarefas do sector turístico foron asumidas na súa totalidade polo concelleiro desta área, de xeito que 'os representantes implicados nunca foron convocados a unha xuntanza'.

Te puede interesar