O Instituto de Estudios honra a Marisa Crespo

A entidade publicou “Agora do Orcellón” e  “O Románico na comarca de Ourense”

O Instituto de Estudios Carballiñeses desenvolveu onte un acto no IES Nº1 do Carballiño para a presentación do número 39 da súa revista “Ágora do Orcellón” e de outras dúas dúas publicacións: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova” e “O románico na comarca de Ourense”.

Durante o acto presentáronse en proxeccións aos novos 35 socios, cos que a entidade xa sobrepasa os 300 asociados de toda Galicia e de outros lugares do Estado Español. Das novas incorporacións, 30 son socios ordinarios, entre escritores, médicos, empresarios, profesores, funcionarios e doutras múltiples disciplinas; e cinco son de honra: Marisa Crespo, veciña de San Cristovo de Cea, cardióloga e profesora da Universidade da Coruña (UDC), que foi V Premio Ágora do Orcellón; Ignacio Morgado, catedrático de Psicobioloxía da Universidade Autónoma de Barcelona e director do Instituto de Neurociencia da mesma Universidade;  Adolf Tobeña, catedrático de Psiquiatría da Universidade Autónoma de Barcelona;  José Luis Verdegay, catedrático de Intelixencia Artificial (IA) da Universidade de Granada e Camilo José Cela Conde, catedrático de Filosofía do Dereito e de Antropoloxía da Universidade Complutense de Madrid. 

Todos eles remitiron escritos e un audio expresando agradecemento e satisfacción por o recoñecemento. Seguidamente interviron algúns dos colaboradores da revista para explicar a temática dos seus artigos, abrindo o turno Atón Pulido, ilustrador da portada, e dando paso a actuación de María do Ceo, que ofrecía dúas piezas incluídas no seu último traballo discográfico.

Entre os asistentes, ademáis do presidente do Instituto de Estudios Carballiñeses, Avelino Muleiro, acompañado pola secretaria, Ana Isabel Rodríguez, tamén estiveron invitados O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega. O acto rematou counha homenaxe ao CD Arenteiro polos éxitos logrados, entregándolle un obsequio ao presidente, Argimiro Marnotes, asistindo tamén membros da dirección técnica e os exfutbolistas Cesáreo Rivera e Pepe Carballeda.

Te puede interesar