LITERATURA

Os institutos trasladan as súas bibliotecas ata 
a Praza Maior

O IES Nº1 e o IES Chamoso Lamas organizaron para hoxe una representación teatral no Auditorio municipal, á que acudirán todos os alumnos de Bacharelato dos dous centros

Os dous institutos do Carballiño, o IES Nº1 e o IES Chamoso Lamas organizaron para hoxe una representación teatral no Auditorio municipal, á que acudirán todos os alumnos de Bacharelato dos dous centros. Trátase de Te con Kant, unha obra con contido e transfondo filosófico que será representada pola compañía Inversa Teatro, ás 12,00 horas.

Pola tarde, a partir das 17,00 horas, profesores e alumnos levarán a cabo na Praza Maior do Carballiño unha nova edición de Bibliotecas na Rúa, con lectura de fragmentos literarios e poemas, música en directo e agasallo de libros. Ademais montaranse dous postos coas novidades das bibliotecas dos institutos, que ofrencen a posibilidade de facerse socio ao público en xeral.

Por outra parte, o próximo venres terá lugar no salón de actos do IES Nº1 o Acto de Graduación da Promoción 2010-2016, organizado pola ANPA. O evento comezará ás 20,00 horas con varios discursos e o visionado de diversos materiais audiovisuais coas fotografías dos alumnos que se van graduar e un vídeo. Incluirase no acto a actuación da obra gañadora do concurso autonómico Tíralle da Lingua, titulada O conto da Rosario do Avelino, a cargo dos alumnos que obtiveron o premio. Finalmente entregaranse diplomas, orlas e diferentes obsequios e actuará o coro do instituto.

Te puede interesar